domingo, 28 de marzo de 2021

SALA DE FUGA SOBRE XELA ARIAS

 A ver se vos gusta e de paso coñecedes mellor a poeta á que lle dedican as Letras Galegas no 2021. Unha (curta😕) vida moi rica e interesante. Divertídevos ben!👀🔍📖❓✅✖


mércores, 27 de xaneiro de 2021

CANTIGAS DE AMIGO NON APTAS PARA "BOOMERS"

Amosamos a divertida actividade do alumnado de 1º de Bacharelato, volvendo dúas coñecidas cantigas de amigo de Martín CodaxEno sagrad'en Vigo ; e de Dom DinisNon chegou, madre, o meu amigo, á lingua utilizada pola xente nova nas redes sociais.  Forma parte do proxecto Dicionario galego para boomers aí podedes velas e deixar comentarios se vos parece. Nas imaxes amosamos o sorprendente resultado😂😂, que está acando moito éxito na conta de Instagram onde están colgadas. https://www.instagram.com/galegoparaboomers/




luns, 30 de novembro de 2020

CHACINERÍA "CELIDONIO". UNHA INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DE "O PORCO DE PÉ"

 

O Grupo Nós dá para moito e ademais da exposición virtual De Nós a nós que visitamos hai unhas semanas, o alumnado de 4º de ESO C e D interpretou artisticamente a Don Celidonio, o protagonista de O porco de pé, novela máis célebre de Vicente Risco. Os alumnos e alumnas souberon interpretar moi ben a esencia do personaxe a partir da maxistral descrición caricaturesca que del fai Risco: a súa vulgaridade, o seu amor polos cartos, o seu físico porcino... 🐷💗💰 Védeo vós mesmos. 

Tan ben quedaron que decidimos montarlle unha chacinería para que faga negocio. Mentres, admirade o traballo dos nosos rapaces e rapazas.👌


























luns, 16 de novembro de 2020

ESQUEMA VISUAL SOBRE O GRUPO NÓS

 Un esquema visual síntese do tema. Tédelo na Aula Virtual xunto co cuestionario sobre o artigo A xeración Nós de Carme Fernández Pérez-Sanjulián. Axudaravos na lectura e a ter unha idea global sobre o importantísimo labor deste grupo de intelectuais que dinamizaron e normalizaron a nosa lingua e cultura coma antes non se fixera.



domingo, 8 de novembro de 2020

COMO CREAR UN BINOMIO FANTÁSTICO

 Temos catro marabillosos exemplos da inventiva de alumnas e alumnos de 1º de ESO do IES Fonmiñá de hai uns anos. Quero máis pequenas xoias deste tipo. Velaquí unhas instrucións visuais para crear un:



domingo, 25 de outubro de 2020

DIVERSIDADE e ECOLOXÍA LINGÜÍSTICA. CONFLITO e DIGLOSIA.

 O mapa de abaixo recolle estes conceptos tan importantes para coñecermos a realidade sociolingüística de Galicia e como apoio de estudo para este punto do Tema 2 do libro (1º de BAC).



sábado, 23 de febreiro de 2019