A guerra é incompatible coa paz e como os meus alumnos son xente de ben, déronme 10 razóns para desertaren dunha posible III Guerra Mundial:
- A cor do uniforme non pega coa cor dos meus ollos.
- Obedecer nunca foi o meu.
- Miña nai vaime dar unhas cachetadas se sabe que vou.
- O fume faime esbirrar.
- Prefiro saltar á comba que saltar polos aires.
- Quero mellor un bombón ca unha bomba.
- Son moi nova para morrer nova.
- Sábenme máis os polvoróns que a pólvora.
- Teño as balas atravesadas.
- Non me gusta contar batalliñas.
Vídeo de Gila en https://www.youtube.com/watch?v=4NkaGhMtIF0
Ningún comentario:
Publicar un comentario