Imos aló!
INGREDIENTES
120 grs de creatividade
80 grs de vocación
5dl de método
½ quilo de paciencia
3 culleradas de claridade
Raspas de retranca
½ quilo de ilusión
3 follas de firmeza
2 culleradas de sorriso afable.
PREPARACIÓN
Nun centro educativo de Galiza, cuxo nome non debe importar, botamos toda a VOCACIÓN, e por riba dela,a PACIENCIA mesturada coa RETRANCA , a CLARIDADE, o MÉTODO,
e mais a FIRMEZA esluída no SORRISO
AFABLE.
A seguir imos
colocando a CREATIVIDADE derredor do
centro educativo e despois recubrimos todo
coa ILUSIÓN.
Deixamos arrefriar a preparación un tempiño para adquirir OFICIO.
CONSELLOS DA CHEF
- Para manter a ILUSIÓN recubrímola con xelea caseña de ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
- A FIRMEZA ten que ser da mellor calidade, caso contrario, o/a profesor/a esmorece axiña. Non escatimemos nela!
- Evitar edulcorantes artificiais como a PALABRERÍA PSICOPEDAGÓXICA baleira de contido.
- Se a receita non sae as primeiras veces ou en calquera outro momento, aumentaranse as doses de PACIENCIA e de SORRISO . En casos de papás e mamás rallantes ou compañeiros nugalláns e resabiados , unhas raspiñas máis de RETRANCA son perfectas.
BO PROVEITO!
Imaxe tirada de https://www.pinterest.com/claudiaribeirao/chefs-de-cuisine-images-works-cross-stitch-etc/
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=YXuB6md9zPk
Revista retranca: aretranca.blogspot.com.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario