Con esta etiqueta subimos a youtube e á web do IES Fonmiñá uns vídeos nos que alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de ESO comentan as súas impresións sobre algunhas das obras do recordado Agustín Fernández Paz, un dos escritores máis queridos e laureados da literatura para xente nova en lingua galega. Esta é a nosa homenaxe para alguén que marcou a toda unha xeración de lectores. Grazas, Agustín.
Moitas grazas, profesorado do IES de Fonmiñá por este traballo realizado en torno á obra de Agustín Fernández Paz.
ResponderEliminarMoitas grazas a Airoa, a Victoria Andrea, a Eva, a Borja, a Nerea, a Verónica, a Pablo e a tantos máis que o pasades ben lendo a Agustín.
Moitas grazas a Belén Martín Franco.
Son a muller de Agustín e chámome Inma. Moitas apertas.
Foi un pracer, Inma.
Eliminar