mércores, 15 de marzo de 2017
CHAPA galego!
É o lema dunha pequena campaña que organizamos dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Fonmiñá. Deseñamos unhas chapas para a ocasión e repartímolas entre os membros da comunidade educativa (profesorado, alumnado, antigo alumnado, persoal non docente, pais e nais membros do Consello Escolar, etc.) e tamén as mandamos entre outros sitios, aos CEIP do municipio, ao Concello e á Biblioteca Municipal. Tiveron moito éxito e fixemos uns vídeos. A ver que vos parecen:
CHAPA galego 1 on PhotoPeach
CHAPA galego 2 on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario