A ver se vos gusta e de paso coñecedes mellor a poeta á que lle dedican as Letras Galegas no 2021. Unha (curta😕) vida moi rica e interesante. Divertídevos ben!👀🔍📖❓✅✖
domingo, 28 de marzo de 2021
mércores, 27 de xaneiro de 2021
CANTIGAS DE AMIGO NON APTAS PARA "BOOMERS"
Amosamos a divertida actividade do alumnado de 1º de Bacharelato, volvendo dúas coñecidas cantigas de amigo de Martín Codax, Eno sagrad'en Vigo ; e de Dom Dinis, Non chegou, madre, o meu amigo, á lingua utilizada pola xente nova nas redes sociais. Forma parte do proxecto Dicionario galego para boomers aí podedes velas e deixar comentarios se vos parece. Nas imaxes amosamos o sorprendente resultado😂😂, que está acando moito éxito na conta de Instagram onde están colgadas. https://www.instagram.com/galegoparaboomers/
luns, 30 de novembro de 2020
CHACINERÍA "CELIDONIO". UNHA INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DE "O PORCO DE PÉ"
O Grupo Nós dá para moito e ademais da exposición virtual De Nós a nós que visitamos hai unhas semanas, o alumnado de 4º de ESO C e D interpretou artisticamente a Don Celidonio, o protagonista de O porco de pé, novela máis célebre de Vicente Risco. Os alumnos e alumnas souberon interpretar moi ben a esencia do personaxe a partir da maxistral descrición caricaturesca que del fai Risco: a súa vulgaridade, o seu amor polos cartos, o seu físico porcino... 🐷💗💰 Védeo vós mesmos.
luns, 16 de novembro de 2020
ESQUEMA VISUAL SOBRE O GRUPO NÓS
Un esquema visual síntese do tema. Tédelo na Aula Virtual xunto co cuestionario sobre o artigo A xeración Nós de Carme Fernández Pérez-Sanjulián. Axudaravos na lectura e a ter unha idea global sobre o importantísimo labor deste grupo de intelectuais que dinamizaron e normalizaron a nosa lingua e cultura coma antes non se fixera.
domingo, 8 de novembro de 2020
COMO CREAR UN BINOMIO FANTÁSTICO
Temos catro marabillosos exemplos da inventiva de alumnas e alumnos de 1º de ESO do IES Fonmiñá de hai uns anos. Quero máis pequenas xoias deste tipo. Velaquí unhas instrucións visuais para crear un:
domingo, 25 de outubro de 2020
DIVERSIDADE e ECOLOXÍA LINGÜÍSTICA. CONFLITO e DIGLOSIA.
O mapa de abaixo recolle estes conceptos tan importantes para coñecermos a realidade sociolingüística de Galicia e como apoio de estudo para este punto do Tema 2 do libro (1º de BAC).
sábado, 23 de febreiro de 2019
domingo, 21 de outubro de 2018
luns, 15 de outubro de 2018
mércores, 10 de outubro de 2018
luns, 21 de maio de 2018
CORRELINGUA 2018, A LINGUA NON PARA!
Que nada e ninguén pare a nosa lingua!
mércores, 2 de maio de 2018
BOLETÍN ROSALIANO
Velaquí tedes un cuestionario no que tedes que ler e analizar algúns dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Aproveitade as presentacións que preparastes e o material que xuntastes en Pinterest como axuda para realizalo.
Premede na palabra cuestionario e comezade. Non esquezades envialo!
luns, 23 de abril de 2018
OS SÉCULOS ESCUROS
luns, 16 de abril de 2018
TEST CUNQUEIRIANO
![]() |
| http://www.cifpcarlosoroza.es/?p=319 |
Canto sabedes sobre o xenio literario de Álvaro Cunqueiro?
Comprobádeo neste quid e divertídevos.
venres, 16 de febreiro de 2018
Xa temos o nº 9 de PETISCOS!
luns, 15 de xaneiro de 2018
Ilustramos a Amado Carballo
Quedoulle precioso.
A Lúa é velliña,
venres, 15 de decembro de 2017
DEBUXAR UN POEMA
Unha actividade interesante e bonita para saber o que interpreta cada un/ha da lectura dun poema. A miña proposta é sobre un poema pouco coñecido de Federico García Lorca. Ídevos preparando, que habemos de argallar algo á volta do Nadal con poemas galegos.
Técnica: tinta chinesa sobre papel de algodón.
domingo, 26 de novembro de 2017
UNHA NOVELA GRÁFICA CONTRA O MALTRATO
A propia Rosalind adiántanos no prólogo a súa terrible experiencia con Brian:
No meu caso, non me decatei enseguida do que estaba a pasar porque os abusos viñan envoltos en palabras de amor e non pensei que tantas atencións, tantas chamadas telefónicas, tantos románticos "Quérote" fosen os primeiros indicios do mal. Soamente cando me tivo no seu poder, namorada e disposta, Brian pouco a pouco comezou a anularme, a me tratar coma se eu fose un simpre obxecto para o seu uso e goce. Ao primeiro eu dubidaba e non quería interpretar os seus xestos coma un abuso, pero a medida que pasaban os meses sentín coma toda eu ía minguando, ata case desaparecer.
Agora botade un ollo as viñetas, coñecedes alguén que estea a pasar por situacións parellas?

BINOMIOS FANTÁSTICOS
ANTÍA. CARACOL + CHOCOLATE
MEMES E LITERATURA
Os memes máis habituais son os humorísticos pero tamén son un material moi bo para traballar a expresión escrita combinando unha imaxe que interactúa cun texto brevísimo. Cos memes literarios podemos traballar os recursos estilísticos (xogos de palabras, dobres sentidos, a ironía, hipérboles, metáforas..), a elipse e a síntese (esíxese moi pouco espazo), a rima así como aspectos da vida e obra dos autores en clave humorística.
Iso mesmo fixeron os alumnos e alumnas de 4º de ESO cos autores do Grupo Nós. A ver se sodes quen de responder as preguntas...
![]() |
| Autores: Pablo e Martín |
A que divertida novela de Vicente Risco se fai referencia neste meme?
![]() |
| Autoras: Tania e Carla |
Como se chama o personaxe da dereita, protagonista dun dos relatos de Cousas de Castelao? Lembras o argumento da historia?
Quen ilustraba os seus relatos?
![]() |
| Autores: Brais e Álex. |
Un excelente xogo de palabras baseado no apelido do fundador do Grupo Nós.
Non podía faltar... De que obra forma parte o relato ao que fai alusión Julio Iglesias? Quen é o seu autor? É realmente filla de
Julio Iglesias?
Autores do meme: Pablo e Martín.
![]() |
| Autores: David e Ian. |
Neste meme alúdese a un dos temas preferidos por Vicente Risco Revisade a súa vida e obra.
Ademais de na literaria, en que outras facetas brillou Castelao? Por que aparece tan serio cando di que era médico?
Autoras do meme: Vanesa, Verónica e Ainoa.



























