O termo
meme apareceu por primeira vez no ano 1976 no libro
O xen egoísta do británico
Richard Dawkins que o definía coma
unidade teórica de información cultural, transmisible dun individuo a outro ou dunha mente a outra ou dunha xeración á seguinte. Actualmente é un termo utilizado en Internet para describir un formato audiovisual que permite expresar e transmitir de forma viral unha idea a través das redes sociais, noticias, blogues e outros servizos.
Os memes máis habituais son os humorísticos pero tamén son un material moi bo para traballar a expresión escrita combinando unha imaxe que interactúa cun texto brevísimo. Cos
memes literarios podemos
traballar os recursos estilísticos (xogos de palabras, dobres sentidos, a ironía, hipérboles, metáforas..),
a elipse e a síntese (esíxese moi pouco espazo),
a rima así como aspectos da vida e obra dos autores en clave humorística.
Iso mesmo fixeron os alumnos e alumnas de 4º de ESO cos autores do
Grupo Nós. A ver se sodes quen de responder as preguntas...
|
Autores: Pablo e Martín |
A que divertida novela de Vicente Risco se fai referencia neste meme?
|
Autoras: Tania e Carla |
Como se chama o personaxe da dereita, protagonista dun dos relatos de
Cousas de Castelao? Lembras o argumento da historia?
Quen ilustraba os seus relatos?
|
Autores: Brais e Álex. |
Un excelente xogo de palabras baseado no apelido do fundador do Grupo Nós.
Non podía faltar... De que obra forma parte o relato ao que fai alusión Julio Iglesias? Quen é o seu autor? É realmente filla de
Julio Iglesias?
Autores do meme: Pablo e Martín.
|
Autores: David e Ian. |
Neste meme alúdese a un dos temas preferidos por Vicente Risco Revisade a súa vida e obra.
Ademais de na literaria, en que outras facetas brillou Castelao? Por que aparece tan serio cando di que era médico?
Autoras do meme: Vanesa, Verónica e Ainoa.